miércoles, 26 de marzo de 2014

Nascida d´un sono. Tríptico â groria da betanceira


En 1946, na libraría Celta que estaba na rúa Ramón e Cajal de Vilagarcía de Arousa, imprentouse un dos primeiros poemas galegos de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014.O poema que se titula "Nascida d´un sono. Tríptico â groria da betanceira", imprentouse nunha cartolina encartada como se fose un postal. 

Trátase dun tríptico (tres poemas de catro estrofas de catro versos) non que se exalza a beleza da muller betanceira. 


Con esta composición o poeta resultara premiado nos Xogos Florais que se celebraran en Betanzos en 1946.Díaz Castro vivíu en Vilagarcía de Arousa entre 1940 e 1946. Exercía como profesor nun colexio privado, o León XIII, que era propiedade do seu amigo desde a adolescencia, Aquilino Iglesia Alvariño. Iglesia Alvariño e Díaz Castro coñecéranse no Seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, onde ambos estudaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario