miércoles, 21 de mayo de 2014

As noticias dos xornais

Víchedes que ben se portaron os xornais con nós? Isto foi o que saíu nos medios o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas


Traballo artístico. Caligrama Díaz Castro

Caramba para Eider Carballeira de 1º de ESO A! Fixádevos canto traballou para amosarnos a súa visión da obra de Díaz Castro

Traballo artístico. Caligrama Díaz Castro

Deunos por debuxar o mapa de Galicia para reivindicar a obra e a vida do noso homenaxeado nas Letras Galegas. Aquí tendes outro caligrama, desta vez de Álvaro Granja e Pablo Pérez de 1º de ESO A.
Adela, a súa profesora de Plástica, logrou convencelos de que se esforzasen e fixesen un bo traballo!

Traballo artístico. Caligrama Díaz Castro

Outro caligrama. Desta vez o autor é Pablo Nogueira de 1º de ESO A. Moi ben Pablo!

Un traballo artístico. Caligrama Díaz Castro

Aquí tendes un traballo de María González Díaz e Iratxe Ayude Sánchez de 1º de ESO A. Traballaron na aula de Educación Plástica coa súa profesora, Adela

domingo, 18 de mayo de 2014

Acto 16 maio IES Fermín Bouza Brey



O venres 16 de maio... por fin fixemos público todo o traballo que levamos realizando nestes meses...
O Equipo de Normalización Lingüística quere darvos as grazas a todas e todos.
A Marta Vázquez e Marta Lago pola presentación do acto, a Dimas pola música e pola súa intervención, a Manolo e a Sandra pola organización da exposición, a Antonio polo deseño da mesma, a Mila e aos seus alumnos polos poemas recitados, a Lois, a Diego e ao resto dos mozos de TIC polo seu impresionante vídeo, a Carme e a Cristian polo apoio, a Sabela polo dominio das novas tecnoloxías, a Cristina polas actividades, a Mario, Marta, Darlyn, Antón, a Carmelo e aos seus alumnos de latín  e ao pai de Cris polas traducións, a Bieito e aos seus alumnos polo photocall, a Esther, ás rapazas e rapaces que cantan o tema "Penélope" porque o fan de marabilla, a Isa e aos seus alumnos polos traballos que decoran o centro, a Ana Peña, a Miguel polos cartaces e a todas e todos os que se nos esquecen!!

Alfa e Omega. Un traballo artístico

Un traballo de Sara Santiago Ferreirós (2º ESO B) para ilustrar os versos de "Alfa e Omega" de Xosé María Díaz Castro.



Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus.
A vocación do mundo é subir antre cadavres
por un camino de sede lusquefús.

A espranza do mundo é o amor consumido de sede
na consumación da crus.
A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus.

O verme e a estrela. Un traballo artístico



 Un traballo de Sara Araújo Pires (PCPI) para ilustrar o poema "O verme e a estrela".


Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza…
baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína…


¡ Esta sede de lus, mentres o vento
da norte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
 máis íntimas, e várreas coma a ágoa…!

A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.


Quezais. Un traballo artístico

Un traballo de Laura Carro Lago (2º ESO B) para ilustrar o poema "Quezais" de Xosé María Díaz Castro

Noite no mundo. Un traballo artístico

 
Un traballo de Carlos Regueira Méndez (PCPI) para ilustrar o poema "Noite no mundo"

¡ Noite do mundo, oco
de estrela arrincada,
onte teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada


Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teus ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro, ser
 o teu eco perdido
e, case, non ser.

Coma un río. Traballo artístico

Un impresionante traballo de María Oubiña Arousa (2º ESO B) inspirado no poema "Como un río" de Xosé María Díaz Castro:

















Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:
que no é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!

E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…

Nimbos. Un traballo artístico



Mirade que estupendo traballo de Desirée Naomi Cancela Santos (2º ESO B)
A palabra nimbos, segundo o Dicionario de Isaac Alonso Estravís pode referirse ao "círculo resplandecente com que os pintores e escultores cingem as cabeças dos santos e das pessoas divinas" ou tamén pode refeirse ás "nuvens escuras, espessas, de contornos vagos, baixas, que se resolvem em chuva".
Agora xa sabemos o que significa o título do único poemario que Díaz Castro publicou en vida!

viernes, 16 de mayo de 2014

Traballo documental sobre Díaz Castro no Bouza Brey

Hoxe celebramos no Bouza Brey o día das nosas Letras e presentamos outro dos traballos realizados polo alumnado, un interesante documental sobre a vida e obra de Díaz Castro. O video fai especial atención á estancia do poeta en Vilagarcía de Arousa.



miércoles, 14 de mayo de 2014

Xa temos a nosa propia versión do poema Penélope. Pasen e vexan!

Penélope é o poema máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.



Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
                              
                               Xosé María Díaz Castro

martes, 13 de mayo de 2014

PHOTOCALL DÍAZ CASTRO. COMEZAMOS

As cousas comezan a moverse moi rápido no IES Fermín Bouza Brey, os Literatosbrey están quentando motores para comezar coa nosa semana das Letras Galegas. Hernán de 1º de ESO B xa está rematando a chapa metálica do noso photocall... Que vos parece?





Penélope en Checo. Tradución ao checo: Eliška Fárková.

Jeden krok vpřed a další vzad, Galície,
a tkanina z tvých snů se nepohne.
Naděje v tvých očích se protahuje.
Orají voli a prší.

Burácení lodí tak vzdálených
ti rozmačká snění jako kuličku hroznu.
Ale ty ses zabalil do prostěradel tisíce let,
a ve snech znovu slyšíš déšť.

Cesty přivedou jednoho dne
ty, kteří po nich odešli. Bůh je stále stejný.
Brázda jde, brázda přichází, Ježíš Marie!,
a celá věc musí splatit svůj desátek.

Odrosíc lučiny stejně jako spánek,
Čas plyne z Pargy do Pastorizy.
Pohřbívá se, brázda po brázdě, podzim.
Jeden krok vpřed a další vzad, Galície!


DÍAZ CASTRO, José María, Bouřkové mraky, Vigo, Nakladatelství Galaxia, 1961




Actividades con JClic Letras Galegas 2014

lunes, 12 de mayo de 2014

WEBQUEST LETRAS GALEGAS 2014


INTRODUCIÓN 

Xa vimos de ler e escoitar repetidamente o poema "Penélope", de Díaz Castro e, seguramente, xa coñecemos ben o mito asociado a este poema e o significado que lle confire. 




 Pero… Que simboliza o mito de Penélope na poesía galega en xeral? 



  TAREFA 

En grupos de catro, buscade varios poemas galegos nos que apareza este personaxe e creade unha presentación na que os comentedes e comparedes o seu significado. 

  
PROCESO

1. Buscade en Internet os poemas relacionados con "Penélope"

2. Seleccionade os dous poemas que poidan ser máis coñecidos ou que máis vos gusten. 

3. Elaborade un comentario en Libre Office ou Word do significado deles e do de Díaz Castro.

4. Escribide unha comparación dos sentidos dos tres poemas noutra folla dese mesmo documento. 

5. Creade un arquivo de Impress ou Power Point, xerade seis diapositivas e insertade en cada unha algunha imaxe relacionada co contido dos poemas. 

6. Copiade e pegade, en cada diapositiva, cadanseu poema das actividades anteriores, seguido do comentario que fixestes del (poema1-comentario, poema2-comentario). 

7. Por último, escribide, como conclusión e resposta á gran pregunta da introdución, se teñen o mesmo significado eses tres textos, mostras do mito na literatura galega, ou non.



RECURSOS

Podedes e debedes consultar os seguintes enlaces de Internet: 




AVALIACIÓN 


Teranse en conta :

Corrección lingüística                  - 2 puntos
Boa redacción                            - 2 puntos
Orixinalidade no deseño              - 2 puntos
e na resposta                              - 2 puntos
Coherencia na explicación.          - 2  puntos

domingo, 11 de mayo de 2014

Penélope de Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Penélope é o poema máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.

miércoles, 7 de mayo de 2014

AQUÍ ESTÁ A NOSA VERSIÓN MUSICADA DO POEMA PENÉLOPE

No Bouza Brey xa temos a nosa propia versión do poema Penélope de Diaz Castro. Dimas púxolle música e nós axudámoslle a cantala.


O NOSO GABINETE DE PRENSA NA CONFERENCIA DE ALONSO MONTERO


Velaquí tendes ao noso gabinete de prensa na conferencia de Xesús Alonso Montero.

De esquerda a dereita: Cris Lago Meijide, Marta Vázquez Abuín e Nina Villanueva Nunes.

EXPOSICIÓN SOBRE DÍAZ CASTRO



















Aquí tendes as primieras mostras do que vai ser a nosa exposición sobre Xosé María Díaz Castro... A que é impresionante??? 
Agardamos que o venres 16 de maio poidades vela no recibidor do instituto!!
Levan currado moito nela... Cristina Lago Meijide e Marta Vázquez Abuín de 2º de Bacharelato A... Pero como se aproxima selectividade e non daban a basto con tanto traballo anda rematando o traballo, Antonio Solla, o profe de matemáticas... 
MOITO ÁNIMO, ANTONIO!!

Conferencia de prensa do presidente da Real Academia Galega en Vilagarcía




O venres 25 de abril, cadrando coa Revoluçao dos Cravos, Xesús Alonso Montero, o presidente da Real Academia Galega, estivo no Salón García, en Vilagarcía de Arousa, dando unha conferencia sobre Díaz Castro.
Seica memtres vivíu nesta vila, Díaz Castro era moi amigo de Carlos Lessner, afillado de Karl Marx e veciño de Vilagarcía. 
Lessner dáballes clase de inglés a Aquilino e ao propio Díaz Castro. Hai pouco tempo, o Consello da Cultura Galega publicou un libro onde aparecía un poema en francés asinado polo homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Alonso Montero traduciu estes versos como "Himno ó socialismo" e na estupenda (e divertida) conferencia que deu o venres, insinuou que ao seren uns versos politicamente moi comprometidos podían ter sido escritos grazas á influencia de Carlos Lessner ou mesmo ser da súa autoría.
Díaz Castro nunca amosou ningún tipo de inquedanzas políticas e escribir uns versos como estes no momento en que se supón que o fixo resultaba bastante comprometido e perigoso.

Cantas cousas ignoramos do noso pasado máis inmediato!! Nin sequera sabiamos que un afillado de Karl Marx estivera vivindo na nosa vila
Ademais, segundo dixo o presidente da RAG, Carlos Lessner tiña unha primeira edición de O manifesto comunista, a obra máis significativa do seu padriño. Parece que Lessner donou este libro que estaba asinado polo propio Marx, a algunha biblioteca e hoxe non sabemos onde está...
Ao mellor alguén pode proporcionarnos algunha pista!!!!

Penélope en italiano



LAURA DI FLORIO DÍAZ DE 2º DE ESO VÉN DE FACERNOS UN PRESENTE MOI ESPECIAL... UNHA VERSIÓN DE PENÉLOPE AO ITALIANO. GRAZAS LAURA!!!






Un passo avanti e l´altra indietro, Galizia,
e la tela del tuo sonno no si muove.
La esperanza del tuoi occhi me espreguizza.
L´aratro buoi e la pioggia

Una nave ruggente molto lontane
estrolla si dorme mobido come un chicco d´uva
Ma si envólveste fogli in mille anni,
sogni e il ritorno di sentire la pioggia.

Ingoiare per corsi un giorno
le persone che hanno portato.  Dio é lo stesso.
Suco volontá, suco verrá. Gesú María!
e il tutto deve pagare il suo desmo.

Desordella i prati come il sonno,
o tempo sará Parga a Pastoriza.
Sará scanalatura per scanalatura sppellire autunno.
Un passo avanti e l´altra indietro, Galizia!

Laura de Florio Díaz, 2º ESO A

Xa temos versión musicada de "Penélope". Grazas Dimas!




O martes 29 de abril, lanzámonos a gravar a nosa versión musicada do poema "Penélope" de Díaz Castro. Dimas, o autor da versión, é unha máquina e a verdade é que todos temos xa dentro a musiquiña que creou para nós. Grazas Dimas!!!

miércoles, 16 de abril de 2014

Penélope en ruso



Aí vos vai a tradución de "Penélope" ruso. O traballo é de Antón Udod, o único alumno do instituto que podía facernos un regalo tan especial. Grazas Antón!



Шаг вперёд и шаг назад, Галисия.
и полотно твоих желаний неподвижно.
В твоих глазах простирается надежда.
Волы пашут и дождит.

Рёв далёких кораблей
прогоняет твой сладкий сон как виноград.
Но ты оборачиваешься в свои тысячелетние покровы,
и снова слышишь звук дождя во сне.

Однажды все дороги принесут
народ что уносили. Бог не изменился.
Паз идёт, и паз уходит, Иисус Мария!,
и всё должно платить свою десятину.

Развеивая росу лугов как сон,
всё время путешествует из Праги в Пасторису.
Канава за канавой, Осень, хоронит себя.
Шаг вперёд и шаг назад, Галисия.

Antón Udod