jueves, 27 de marzo de 2014

Outra manufacturación do título do poema ''Penélope''


Para que nos levedes sempre no peto!

O noso compañeiro David Pérez García, que é o encargado do soporte informático, creou unha aplicación que traballará simultaneamente ao blog, poderedes descargala aqui http://my.yapp.us/MCSWXB

Penélope en inglés






Tradución ao inglés e traballo artístico de "Penélope" de María Frieiro Castro.






Proximamente Penélope en latín



O profesor Carmelo traballando na tradución ao latín de "Penélope".

Foto: Patricia Arias Chachero.

Profesores no León XIII


Sentado, no centro, Aquilino Iglesia Alvariño. Propietario do León XIII desde 1939. Detrás, o segundo pola esquerda Jesús Garrido, copropietario do León XIII; ao seu lado Celestino Noya, que foi presidente da Deputación de Lugo até 1936 e ao seu carón Xose María Díaz Castro. A fotografía tivo que ser tomada entre 1940 e 1946. Comentario: Mario Suárez Oubiña e Marta Vázquez (2 BACH).

Penélope en inglés

One step ahead and another back, Galiza,
and the fabric of your dreams stands still.
Hope in your eyes wakes up.
Oxen plough and it rains.

A roar of ships far away
squeezes your soft dream like a grape.
But you wrap yourself in sheets of one thousand years,
and in dreams you hear the rain again.

Roads will bring one day
the people they took. God is the same.
Furrow goes, furrow comes, Xésus María!,
and everything has to pay their tithe.

Dispelling the dew of your daydreams,
Time drifts from Parga to pastoriza.
Autumn gets buried, furrow after furrow.
One step ahead and another back, Galiza!

Tradución de Mario Suárez Oubiña

Penélope en castelán

Un paso hacía delante y otro hacía atrás, Galicia,
y la tela de tus sueños no se mueve.
En tus ojos se despereza la esperanza,
aran los bueyes, llueve.

Un fragor de navíos muy lejano
te estruja el sueño, blando como una uva.
Pero tú envuelves en sábanas de mil años
y en sueños tornas a escuchar tu lluvia.

Traerán los caminos algún día
a los que ellos llevaron. Dios no cambia.
Surco va, surco viene, ¡Jesús María!,
y toda cosa ha de pagar su diezmo.

Disipando el rocío de tus prados de ensueño,
el Tiempo va de Parga a Pastoriza.
Se va enterrando, surco a surco, el Otoño.
¡Un paso hacia delante y otro hacia atrás, Galicia!

Tradución ao castelán do propio Xosé María Díaz Castro

Penélope


Foto: Mario Suárez Oubiña, 2º BAC B

Libraría Celta



Neste enlace podedes ver un pequeno vídeo onde se fala da libraría Celta e de como se facían libros en galego na posguerra. Uns tempos moi difíciles para a lingua e para a liberdade de expresión. 

Apenas un ano despois de que Díaz Castro publicase o seu poema "Nascida d´un sono. Triptico â groria da betanceira", Aquilino Iglesia Alvariño e o propietario da libraría Celta, Severino González Lazán, fixeron a proeza de imprentar o primeiro libro galego relevante da posguerra. 

Tras 11 anos de silencio case absoluto, en 1947, ve a luz Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.

miércoles, 26 de marzo de 2014

Da Terra asoballada


Un anuncio de Da Terra asoballada de Ramón Cabanillas, que Rubén Meaños e Mario Suárez Oubiña (2º Bacharelato B) atoparon na hemeroteca, no xornal Galicia Nueva.


Este xornal agrarista, onde Cabanillas publicou o primeiro poemario que imprentou en Galicia (os dous anteriores foron en Cuba) estaba no número 5 da rúa Ramón y Cajal, en Vilagarcía. No mesmo local onde anos depois se instalaría a Libraría Celta.

Poema "Penélope" en alemán por Darlyn Carreira Kraus.

Darlyn Carreira Kraus, alumna de 2º de bacharelato B, traduce ao alemán un dos poemas máis coñecidos de Xosé María Díaz Castro.


Penélope
Einen Schritt nach vorne und einen Schritt nach hinten, Galicien
und der Stoff aus deinen Träumen bewegt sich nicht.
In deinen Augen regt sich die hoffnung.
Pflügen die Ochsen und es regnet.
Ein drönen von Schiffen aus der ferne
stört deinen Traum, weich wie eine Traube.
Aber du wickelst dich in Leinen von tausend Jahren,
und in träumen hörst du den regen.
Eines tages bringen die Straßen
die leute die sie sich genommen haben zurück. Gott ändert sich nicht.
Die Furche geht, die Furche kommt. ¡Jesus, María!,
und für alles muss bezahlt werden.
Der Tau löst sich von den Wiesen auf,
die Zeit geht von Parga zu Pastoriza.
Der Herbst geht langsam zuende.
Einen Schritt nach vorne und einen Schritt nach hinten, Galicien!

Nascida d´un sono. Tríptico â groria da betanceira


En 1946, na libraría Celta que estaba na rúa Ramón e Cajal de Vilagarcía de Arousa, imprentouse un dos primeiros poemas galegos de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014.O poema que se titula "Nascida d´un sono. Tríptico â groria da betanceira", imprentouse nunha cartolina encartada como se fose un postal. 

Trátase dun tríptico (tres poemas de catro estrofas de catro versos) non que se exalza a beleza da muller betanceira. 


Con esta composición o poeta resultara premiado nos Xogos Florais que se celebraran en Betanzos en 1946.Díaz Castro vivíu en Vilagarcía de Arousa entre 1940 e 1946. Exercía como profesor nun colexio privado, o León XIII, que era propiedade do seu amigo desde a adolescencia, Aquilino Iglesia Alvariño. Iglesia Alvariño e Díaz Castro coñecéranse no Seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, onde ambos estudaron.

Primeiros pasos do noso gabinete de prensa


O 18 de maio, o noso gabinete de prensa, nestes momentos integrado por Marta Vázquez e Andreina Villanueva, alumnas de 2º de bacharelato A, enviaron esta nota de prensa aos principais medios de comunicación de Vilagarcía. Estamos procurando que a prensa nos axude a difundir o noso proxecto para que as nosas veciñas e veciños nos boten unha man no proceso de investigación.

O 20 de xuño de 2013 a Real Academia Galega acordaba dedicarlle o Días Letras Galegas deste ano a Xosé María Díaz Castro. O escritor, que será homenaxeado en toda Galicia o vindeiro 17 de maio, naceu nos Vilares (Guitiriz) en 1914 e residiu en Vilagarcía de Arousa entre 1940 e 1946. Díaz Castro, chegou a vila do Salnés para impartir aulas no Colexio León XIII que desde o ano 1939 era propiedade do seu amigo, o tamén poeta, Aquilino Iglesia Alvariño.

O propio Díaz Castro deixou escrita a súa experiencia en Vilagarcía nun artigo titulado "Iglesia Alvariño na miña acordanza":

"Despois da guerra española eu incorporeime ó Colexio León XIII, onde el era entón director; alí recomenzaron as nosas relacións, xa dunha natureza máis profesional que literaria. Alí o poeta sigue adicándose á poesía e a traducir ós clásicos latinos que él máis amaba, mentres exercía exemplarmente as suas actividades de director e profesor [...]. 

No 1947 aparece un dos mellores libros de Aquilino, CÓMAROS VERDES, publicado por edicións Celta (Vilagarcía), na imprenta Celta de Severino González Lazán, tamén bon amigo meu. [...] Ó ausentarme eu de Vilagarcía en 1947, perdín xa o contaito persoal con él, pero seguín comunicándome dende Madrid, donde me atopei con el duas veces".

Moi pouca xente sabe que Díaz Castro publicou en Vilagarcía de Arousa un dos seus primeiros poemas en galego. Unha composición titulada "Nascida d´un sono. Tríptico â groria betanceira" coa que acadara o primeiro premio nos Xogos Florais que se celebraran en Betanzos no verán de 1946. A composición foi editada nunha pequena tarxeta de cartolina na libraría Celta que estaba no número 5 da rúa Ramón y Cajal. Este senlleiro negocio vilagarcián, propiedade de Severino González Lazán, tense convertido nun referente da literatura galega por ter imprentado nas súas máquinas o primeiro poemario galego de certa relevancia da posguerra, Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, aparecido no ano 1947.

Nascida d´un sono, o poema vilagarcián de Díaz Castro, componse dun conxunto de cuartetos moi coidados nos que se enxalza a beleza da muller betanceira inserida nun marco paisaxístico tipicamente galego.

Para renderlle homenaxe ao homenaxeado nas Letras Galegas do 2014, ao colexio León XIII e á libraría Celta, os estudantes e membros do Equipo de Normalización Lingüística do IES Fermín Bouza Brey, pretenden organizar unha exposición que dea conta da vida do poeta en Vilagarcía de Arousa nos anos que aquí residiu. É por iso que procuran todo tipo deinformación e material gráfico sobre a Celta, o León XIII ou Díaz Castro. Fotografías, boletíns de notas, relatos orais do colexio ou da libraría e calquera documento que lles permita achegarse a este período.

É por iso que lle piden á sociedade vilagarciá que se poñan en contacto con eles para proporcionarlles aquilo que consideren oportuno. Poden facelo poñéndose en contacto coa coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística do centro, a través do teléfono: 986 50 38 00, do enderezo electrónico: ies.bouza.brey@edu.xunta.es ou empregando o correo ordinario: IES Fermín Bouza Brey, Fontecarmoa 92, Vilagarcía de Arousa, 36600.

Comezamos!!!

Benvidas e benvidos a tod@s!

Comezamos o noso labor de transmisores de información sobre Vilagarcía de Arousa xa que non hai tanta xente que saiba a importancia da nosa cidade.

O noso obxectivo é dar a coñecer datos, fotos ou mesmo relatos contados polas persoas que viviron a finais do século XX. Tamén dicir que se alguen quere aportar información pode poñerse en contacto con nós para axudar no noso proxecto.

Entre todos podemos facer coñecer a nosa historia!