jueves, 27 de marzo de 2014

Libraría Celta



Neste enlace podedes ver un pequeno vídeo onde se fala da libraría Celta e de como se facían libros en galego na posguerra. Uns tempos moi difíciles para a lingua e para a liberdade de expresión. 

Apenas un ano despois de que Díaz Castro publicase o seu poema "Nascida d´un sono. Triptico â groria da betanceira", Aquilino Iglesia Alvariño e o propietario da libraría Celta, Severino González Lazán, fixeron a proeza de imprentar o primeiro libro galego relevante da posguerra. 

Tras 11 anos de silencio case absoluto, en 1947, ve a luz Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario