lunes, 12 de mayo de 2014

WEBQUEST LETRAS GALEGAS 2014


INTRODUCIÓN 

Xa vimos de ler e escoitar repetidamente o poema "Penélope", de Díaz Castro e, seguramente, xa coñecemos ben o mito asociado a este poema e o significado que lle confire. 




 Pero… Que simboliza o mito de Penélope na poesía galega en xeral? 



  TAREFA 

En grupos de catro, buscade varios poemas galegos nos que apareza este personaxe e creade unha presentación na que os comentedes e comparedes o seu significado. 

  
PROCESO

1. Buscade en Internet os poemas relacionados con "Penélope"

2. Seleccionade os dous poemas que poidan ser máis coñecidos ou que máis vos gusten. 

3. Elaborade un comentario en Libre Office ou Word do significado deles e do de Díaz Castro.

4. Escribide unha comparación dos sentidos dos tres poemas noutra folla dese mesmo documento. 

5. Creade un arquivo de Impress ou Power Point, xerade seis diapositivas e insertade en cada unha algunha imaxe relacionada co contido dos poemas. 

6. Copiade e pegade, en cada diapositiva, cadanseu poema das actividades anteriores, seguido do comentario que fixestes del (poema1-comentario, poema2-comentario). 

7. Por último, escribide, como conclusión e resposta á gran pregunta da introdución, se teñen o mesmo significado eses tres textos, mostras do mito na literatura galega, ou non.



RECURSOS

Podedes e debedes consultar os seguintes enlaces de Internet: 




AVALIACIÓN 


Teranse en conta :

Corrección lingüística                  - 2 puntos
Boa redacción                            - 2 puntos
Orixinalidade no deseño              - 2 puntos
e na resposta                              - 2 puntos
Coherencia na explicación.          - 2  puntos

No hay comentarios:

Publicar un comentario