miércoles, 7 de mayo de 2014

Conferencia de prensa do presidente da Real Academia Galega en Vilagarcía




O venres 25 de abril, cadrando coa Revoluçao dos Cravos, Xesús Alonso Montero, o presidente da Real Academia Galega, estivo no Salón García, en Vilagarcía de Arousa, dando unha conferencia sobre Díaz Castro.
Seica memtres vivíu nesta vila, Díaz Castro era moi amigo de Carlos Lessner, afillado de Karl Marx e veciño de Vilagarcía. 
Lessner dáballes clase de inglés a Aquilino e ao propio Díaz Castro. Hai pouco tempo, o Consello da Cultura Galega publicou un libro onde aparecía un poema en francés asinado polo homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Alonso Montero traduciu estes versos como "Himno ó socialismo" e na estupenda (e divertida) conferencia que deu o venres, insinuou que ao seren uns versos politicamente moi comprometidos podían ter sido escritos grazas á influencia de Carlos Lessner ou mesmo ser da súa autoría.
Díaz Castro nunca amosou ningún tipo de inquedanzas políticas e escribir uns versos como estes no momento en que se supón que o fixo resultaba bastante comprometido e perigoso.

Cantas cousas ignoramos do noso pasado máis inmediato!! Nin sequera sabiamos que un afillado de Karl Marx estivera vivindo na nosa vila
Ademais, segundo dixo o presidente da RAG, Carlos Lessner tiña unha primeira edición de O manifesto comunista, a obra máis significativa do seu padriño. Parece que Lessner donou este libro que estaba asinado polo propio Marx, a algunha biblioteca e hoxe non sabemos onde está...
Ao mellor alguén pode proporcionarnos algunha pista!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario