domingo, 18 de mayo de 2014

Noite no mundo. Un traballo artístico

 
Un traballo de Carlos Regueira Méndez (PCPI) para ilustrar o poema "Noite no mundo"

¡ Noite do mundo, oco
de estrela arrincada,
onte teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada


Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teus ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro, ser
 o teu eco perdido
e, case, non ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario