Mostrando entradas con la etiqueta Díaz Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Díaz Castro. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de octubre de 2014

Biblioteca do Bouza Brey: I Xornadas Fermín Bouza Brey adicadas a Díaz Castro

Rematamos no Fermín Bouza Brey as tan esperadas Xornadas arredor da figura de Díaz Castro. Agardamos que as disfrutárades e que vos fosen de probeito! Para o ano máis! Seguídenos en directo no noso Twitter!

miércoles, 14 de mayo de 2014

Xa temos a nosa propia versión do poema Penélope. Pasen e vexan!

Penélope é o poema máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.



Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
                              
                               Xosé María Díaz Castro

martes, 13 de mayo de 2014

PHOTOCALL DÍAZ CASTRO. COMEZAMOS

As cousas comezan a moverse moi rápido no IES Fermín Bouza Brey, os Literatosbrey están quentando motores para comezar coa nosa semana das Letras Galegas. Hernán de 1º de ESO B xa está rematando a chapa metálica do noso photocall... Que vos parece?





domingo, 11 de mayo de 2014

Penélope de Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Penélope é o poema máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.

jueves, 3 de abril de 2014

E...por fin temos versión francesa de "Penélope"
Aí vos vai.
Tradución de Marta Lago (2ª bacharelato B) coa axuda de Cristina Pena, a súa profesora de francés

Un pas en avant et un autre en arrière, Galice,

et la toile de tes rêves ne bouge pas. 
Dans tes yeux l'espoir se réveille. 
Les boeufs labourent et il pleut. 

Un fracas de navires lointain
presse le rêve, mou comme un raisin.
Mais toi, tu t'enveloppes dans des draps de mille ans,m
et dans tes rêves tu recommences à écouter ta pluie. 

Un jour les chemins apporteront
à ceux qu'ils ont emmenés. Dieu est le même. 
Sillons par-ci, sillon par-là, Jésus Marie!,
et toute chose doit payer sa dîme. 

En dissipant la rosée des prés de tes rêves,
le temps s'écoule de Parga à Pastoriza. 
L'automne, de sillon en sillon, s'enterre. 
Un pas en avant et un autre en arrière, Galice. 


Tradución ao francés de Marta Lago, 2º bacharelato B



Búscase



BÚSCASE

Nome completo:
 Xosé María Díaz Castro
Profesión:
 Profesor do colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa entre 1940 e 1946

Agradecemos calquera información que nos poidan aportar
É un suxeito extremadamente culto e poético

Razón:
IES Fermín Bouza Brey
literatosbrey@gmail.com